Ata o 31 de outubro encóntrase aberto o prazo de inscrición para asistir á III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, organizada polo Instituto da Lingua Galega e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro.
Novidades
-
31/10/24
!
Aberto o prazo de inscrición para a III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico
-
11/10/24
!
Novo manual para as aulas de Lingua Galega e Literatura
Encóntrase dispoñible en liña o documento de traballo Recursos e novas metodoloxías para as aulas de Lingua Galega e Literatura, coordinado polas investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja e Elisa Fernández Rei e polo profesor de ensino secundario Nel Vidal Barral, e editado polo Consello da Cultura Galega.
-
11/10/24
!
Artigo de Ignacio Palacios e Paloma Núñez Pertejo en ELG
Ignacio Palacios Martínez e Paloma Núñez Pertejo, da USC, asinan o artigo "Novas prácticas lingüísticas dos falantes urbanos mozos de Londres e Madrid. Un estudo contrastivo baseado en corpus", publicado no n.º 16 da revista en liña Estudos de Lingüística Galega.