O luns 30 de outubro, Luke Bishop, da Universidade de Texas (Austin, EE.UU.), conversará na quinta "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar no ILG ao longo do seu ano de estadía.
Actividades
Histórico de actividades
-
30/10/23
-
26/10/23
Que é un piropo? Seguimos a interpretalo como unha mostra de cortesía? Para tratar estas cuestións, o día 26 de outubro o ILG organiza unha xornada conformada por un obradoiro de Ana Mancera Rueda (Universidade de Sevilla) e unha conferencia de María Lameiras (Universidade de Vigo). A inscrición está aberta ata o 20 de outubro.
-
23/10/23
O luns 23 Juan Manuel Fustes Nario, da Universidade da República (Montevideo), conversará na cuarta sesión de "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar durante a súa estadía no ILG.
-
Introdução aos estudos semântico-lexicais em língua portuguesa: perspetiva cognitiva socio-histórica
16/10/23Este curso será impartido pola profesora Elisângela Santana dos Santos, da Universidade do Estado da Bahia, do 16 ao 18 de outubro na sala B10 da Facultade de Filoloxía da USC.
-
09/10/23
Esta xornada, que pretende ser un encontro de investigadores e investigadoras para promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas, terá lugar o luns 9 de outubro no salón de graos da Facultade de Filoloxía.