Atlas Lingüístico Galego (ALGa)

Descrición: 

O ALGa é un proxecto fundacional do ILG para describir a riqueza da variación xeográfica do galego moderno. Entre 1974 e 1977 tres investigadores do Instituto realizaron in situ as enquisas en 167 puntos do dominio lingüístico (152 de Galicia e 15 das comarcas galegófonas de Asturias, León e Zamora).

Cubriuse un cuestionario de 2.711 preguntas, cun promedio de 4.000 formas recollidas por localidade, coas que se creou unha base de datos de case medio millón de rexistros na que se inclúe o texto das respostas e abundante información complementaria. A conexión entre esa base e un programa de xestión de información xeográfica permite a representación cartográfica inmediata de cada resposta.

Publicáronse os volumes I Morfoloxía verbal (1990), II Morfoloxía non verbal (1995), III Fonética (1999), IV Léxico. Tempo atmosférico e cronolóxico (2003), V Léxico. O ser humano (I) (2005), VI Terra. Plantas e árbores (2015) e VII Léxico. O ser humano (II) (2020).

Información:
Imaxe: 
Fecha de ejecución: 
2013
Financiamiento: 
Convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Fundación Barrié [http://www.fundacionbarrie.org/]. Proxecto financiado parcialmente polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER)