A revista Estudos de Lingüística Galega fai unha chamada para o envío de contribucións que serán publicadas no número 7 (2015). O prazo para a recepción de traballos remata o 15 de xaneiro de 2015.
Novedades
-
Chamamento para contribucións (Call for papers)
15/01/15 -
Convocatoria pública de contratación de persoal
12/01/15Convocatoria pública 1/2015 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).
-
Web interactiva sobre a evolución dos nomes máis populares en Galicia
18/12/14Investigadores do ILG elaboraron un gráfico interactivo sobre os 10 nomes de nenos e nenas máis comúns entre 2000 e 2013.
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
10/12/14Convocatoria pública 13/2014 de contratación de persoal para colaborar en actividades de investigación mediante contrato de obra ou servizo determinado (ILG).
-
Un proxecto do ILG acada a axuda da Fundación BBVA
05/12/14O profesor Xulio Sousa participa nun dos proxectos que acadaron axuda na primeira edición de Ayudas Fundación BBVA a Proyectos de Investigación en Humanidades digitales.
-
Conferencia sobre partitividade e fenómenos afíns
27/11/14O xoves 27 de novembro ás 13:00 h, David Paul Gerards, investigador da Universidade de Zürich, realizou unha presentación sobre "Partitivos, partitividade e fenómenos afíns nas linguas romanicas e non románicas".
-
Ponse en marcha a Colección Limiar do ILG
26/11/14A Colección Limiar é unha iniciativa do ILG que xorde coa vontade de consolidarse como vía de difusión en soporte dixital para aquelas monografías orixinais que estean centradas nalgún aspecto directamente relacionado coa lingüística e a filoloxía galegas.
-
Conferencia de Gabriel Rei-Doval
26/11/14O mércores 26 de novembro, Gabriel Rei-Doval, profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee, impartiu unha conferencia titulada "A sociolingüística hispánica nos EEUU: unha historia preliminar".
-
Clausura do Simposio ILG 2014
22/11/14O sábado 22 de novembro, ás 9:30 h no Consello da Cultura Galega, terá lugar a derradeira sesión do Simposio ILG 2014: A lingua galega no solpor da Idade Media.
-
Visualización dos dez nomes máis populares en Galicia (2000-2013)
21/11/14O venres 21 de novembro ás 13:00 h no Seminario A tivo lugar a presentación da visualización interactiva dos dez nomes máis populares en Galicia (2000-2013).