A lingüística contemporánea partiu do presuposto de base de que a situación ideal das linguas é a de monolingüismo, tanto no plano social coma no plano individual, presuposto ao que vai asociada a noción de que cada lingua constitúe un sistema pechado, autocontido e autosuficiente, que evolúe segundo unha lóxica interna.
Novedades
-
Simposio ILG 2010 Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias
02/11/10 -
O ILG e o Consello da Cultura Galega presentaron a publicación Lingua e territorio
17/06/10O Instituto de Lingua Galega (ILG) da USC e o Consello de Cultura Galega presentaron este mércores, día 14, a publicación Lingua e territorio, dedicada ao fundador e ex director do Instituto, o profesor da USC Constantino García González.
-
O seminario do ILG 'Perspectivas sobre oralidade' analiza estes martes aspectos relacionados coa adquisición da lingua e coa expresión oral
17/06/10‘Adquisición da lingua’ será o relatorio que inicie este martes 30 unha nova sesión do seminario que o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) dedica este ano a ‘Perspectivas sobre oralidade’. Impartido polo profesor da USC Miguel Pérez Pereira a intervención desenvolverase a partir das 17:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía.
-
Unha investigadora do ILG da USC colabora no desenvolvemento de ferramentas de recoñecemento de voz para a lingua italiana
10/06/10A profesora e investigadora do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela, Elisa Fernández Rei, está a colaborar coa empresa de consultaría lingüística Loquendo (http://www.loquendo.com/it/index.htm) na elaboración dun transcritor fonético automático e doutras ferramentas para o procesamento de
-
A USC e Política Lingüística renovan a súa colaboración para dar continuidade ao labor investigador do ILG
06/06/10A USC e a secretaría xeral de Política Lingüística acaban de dar continuidade ao convenio de colaboración que, de xeito ininterrompido dende o ano 1994, apoia o labor investigador desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega da institución académica compostelá (ILG).
-
O profesor Carlos Alberto Faraco impartiu unha conferencia no ILG sobre a situación lingüística do Brasil
06/06/10O profesor Carlos Alberto Faraco, da Universidade Federal do Paraná, impartiu este mércores unha conferencia sobre as caras lingüísticas do Brasil, convidado polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela.Faraco é especialista en lingüística aplicada, ensino de linguas e análise do discurso.
-
Os investigadores do Ilg rexeitan as Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario
06/06/10O persoal investigador do Instituto de Lingua Galega da USC remitíronlle este xoves ao presidente da Xunta de Galicia unha carta na que lle manifestan a súa preocupación polas “consecuencias negativas” que “o conflito” sobre as bases para a elaboración do decreto do galego ten para o status da lingua galega.
-
Simposio ILG 2009. Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea
03/11/09Desde o ano 2001 o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela vén organizando simposios dedicados a temas relacionados coa investigación lingüística que son de interese para a comunidade científica. O Simposio deste ano 2009 abordará o tema Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea.
-
Simposio ILG 2008. Toponimia e cartografía
28/10/08Desde o ano 2001 o Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela vén organizando simposios dedicados a temas relacionados coa investigación lingüística que son de interese para a comunidade científica. O Simposio deste ano 2008 abordará o tema Toponimia e cartografía.
-
Simposio ILG 2007. Perspectivas sobre a oralidade
17/10/07Este simposio, Perspectivas sobre a oralidade, pretende, por un lado, impulsar a investigación naquelas parcelas da lingüística galega que poidan estar hoxe desatendidas ou non abondo desenvoltas, e, por outro, propiciar a reflexión sobre o estado da cuestión dunha determinada materia.