Actividades

Histórico de actividades

  • 13/05/24

    Esta segunda edición reúne de novo lingüistas, profesorado e investigadores e investigadoras en lingüística de corpus, de distintas universidades españolas e europeas, co obxectivo de presentar os corpus como ferramentas para o ensino-aprendizaxe de linguas nativas e non nativas. A investigadora do ILG María Álvarez de la Granja ofrecerá a conferencia inaugural "Aplicacións didácticas dos corpus de lingua galega".

  • 02/05/24

    CLARIAH-GAL é o nodo galego de CLARIAH-ES, infraestrutura dixital de investigación distribuída que forma parte, pola súa vez, das infraestruturas europeas de investigación CLARIN e DARIAH. O próximo 2 de maio terá lugar a súa primeira Xeira na Facultade de Filoloxía da USC co obxectivo de presentar o nodo galego e difundir as iniciativas de Humanidades Dixitais e de Tecnoloxías Lingüísticas para a investigación en Humanidades e Ciencias Sociais emprendidas en Galicia. 

  • 30/04/24

    O investigador visitante no ILG Víctor Bargiela Zotes, da UNED, ofreceu o 30 de abril a conferencia Primeiras aproximacións ao estudo sociofonético da entoación nas Rías Baixas e na Costa da Morte na nosa sala de divulgación.

  • 12/04/24

    A investigadora do ILG Maite Sanmarco Bande impartiu o obradoiro Como mellorar a nosa técnica de expresión oral no ámbito académico o martes 9 de abril, de 13 a 15 h, na sala de divulgación do centro.

  • 19/03/24

    O 19 de marzo terá lugar no ILG o Validatón, un maratón de validación de fragmentos de voz en galego doados a Common Voice que está aberto ao estudantado de todas as titulacións de Filoloxía (non é preciso ser especialista en galego). Haberá agasallos sorpresa para todas as persoas que validen, ademais dun gran premio de 100€ para o campión ou campioa, que se entregará ao final da xornada.

Páxinas