Francisco Fernández Rei participa co relatorio "Ardora e ardentía na fala mariñeira e no galego literario" na xornada Cando arde o mar. Saberes compartidos, que terá lugar o día 9 en Muros.
Novedades
-
Francisco Fernández Rei na xornada "Cando arde o mar. Saberes compartidos"
09/07/22 -
Convocatoria de nove prazas para traballar no proxecto Nós
08/07/22Ofértanse nove postos de traballo vinculados ao proxecto Nós a través da convocatoria pública 3/2022, publicada o 8 de xullo de 2022, cunha duración de 29,5 meses. O prazo de presentación de solicitudes remata ás 23:59 h do 15 de xullo de 2022.
-
Clara Lago na "IX International Conference Language, Culture and Mind"
06/07/22A investigadora do ILG Clara Lago Caamaño participa o día 6 no IX International Conference Language, Culture and Mind, que ten lugar na Universidade de Almería, coa comunicación "Alimentación y malestar en el léxico disponible del gallego".
-
Investigadores do ILG no "XXX Congreso Internacional de Linguística y Filología Románicas"
06/07/22Alba Aguete Cajiao, María Álvarez de la Granja, Ana Boullón Agrelo, Elisa Fernández Rei, Manuel González González, Eduardo Louredo Rodríguez, Henrique Monteagudo e Xulio Sousa participan no XXX Congreso Internacional de Linguística y Filología Románicas.
-
Investigadores do ILG no "1st Congress Toponomasticon Hispaniae: Interterritoriality and interdisciplinarity"
05/07/22Entre o 27 e o 30 de xuño celebrouse en Lleida o 1st Congress Toponomasticon Hispaniae: Interterritoriality and interdisciplinarity, dentro do encontro The International Medieval Meeting Lleida (IMMLleida).
-
Artigo de Mercedes González Vázquez en "Estudos de Lingüística Galega"
22/06/22Acaba de publicarse o terceiro artigo do número 14 da revista Estudos de Lingüística Galega baixo o título "Unhas notas sobre o sistema evidencial galego", da autoría de Mercedes González Vázquez.
-
Alba Aguete no congreso "Frontera hispano-portuguesa: personas, pueblos y palabras"
22/06/22A colaboradora do ILG Alba Aguete Cajiao participa o mércores 22 no congreso internacional Frontera hispano-portuguesa: personas, pueblos y palabras, organizado polo proxecto FRONTESPO, entre o 20 e 22 de xuño, na Universidade de Alcalá de Henares.
-
Artigo de Alba Aguete en "El mapa lingüístico del noroccidente ibérico: contacto, variación y cambio"
21/06/22O artigo "Principales cambios sociofonéticos en el vocalismo gallego actual" de Alba Aguete Cajiao, colaboradora do ILG, aparece publicado no volume El mapa lingüístico del noroccidente ibérico: contacto, variación y cambio.
-
Clara Lago no "IX Encontro da Mocidade Investigadora"
20/06/22A investigadora do ILG Clara Lago Caamaño participou esta mañá no IX Encontro da Mocidade Investigadora, organizado polas tres universidades galegas.
-
Sae do prelo "Estudos em variação linguística nas línguas românicas - 2"
20/06/22Elisa Fernández Rei e Xulio Sousa son dous dos editores do volume Estudos em variação linguística nas línguas românicas - 2, publicado recentemente pola Universidade de Aveiro.