Andrea Santiso Arias, investigadora do ILG, recibiu o Premio á calidade lingüística en lingua galega do Servizo de Normalización Lingüística da USC.
Novedades
-
Andrea Santiso Arias recibe o Premio á calidade lingüística en lingua galega
17/03/22 -
Conferencia de Facundo Reyna-Muniain no ILG
04/03/22Facundo Reyna-Muniain, profesor da Universidade de Kiel, ofrecerá a charla "Somos arxentinos, pero somos arxentinos un pouco de casualidade". Construción narrativa da identidade lingüística na diáspora en Buenos Aires o venres 4 de marzo, ás 12:30 h.
-
Curso de transcrición con ELAN
18/02/22O proxecto de investigación Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística oferta o Curso de transcrición con ELAN os días 23 de febreiro e 2 de marzo (modalidade en liña) e 24 de febreiro e 3 de marzo (modalidade presencial).
-
Convocatoria de contratación de persoal
16/02/22O Instituto da Lingua Galega convoca un contrato de investigación de seis meses de duración a tempo parcial (75%). O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de febreiro ás 23:59 h.
-
Incorporación do galego ao Diccionario multilingüe de fonética y fonología
14/02/22O Diccionario multilingüe de fonética y fonología, dirixido por Antonio Pamies Bertrán, incorpora a lingua galega na súa cuarta versión. A reponsable das correspondencias ao galego é a investigadora do ILG Elisa Fernández Rei.
-
Curso de iniciación á transcrición con ELAN
26/01/22O proxecto de investigación Contacto, cambio lingüístico e ideoloxía en contextos de minorización lingüística oferta un curso de Iniciación á transcrición con ELAN que terá lugar o día 2 de febreiro no ILG.
-
"O idioma galego baixo o franquismo", novo libro de Henrique Monteagudo
24/01/22O investigador do ILG Henrique Monteagudo acaba de publicar o libro O idioma galego baixo o franquismo, editado por Galaxia, que ofrece unha aproximación de conxunto ao período franquista.
-
Os 50 anos do ILG na revista A Trabe de Ouro
12/01/22O último número da revista A Trabe de Ouro (setembro-outubro-novembro-decembro 2021) dedica o seu editorial (pp. 5-11) aos 50 anos do Instituto da Lingua Galega.
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
21/12/21Convócase un contrato no ILG a tempo parcial para traballar no proxecto Atlas Lingüístico Galego.
-
Rosario Álvarez recibe o premio Otero Pedrayo
20/12/21A nosa compañeira Rosario Álvarez recibiu o sábado o Premio Otero Pedrayo, convocado pola Xunta de Galicia e as catro deputacións provinciais, nunha gala celebrada no Pazo da Deputación de Pontevedra. A escritora e académica Fina Casalderrey foi a encargada de realizar a loa na súa honra.