Convócanse dous contratos de investigación no ILG a tempo parcial (50% de dedicación). O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de novembro.
Novedades
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
19/11/21 -
Dispoñibles en Youtube as sesións do Simposio ILG 2021
08/11/21As sesións do Simposio ILG 2021 xa poden visualizarse na canle de Youtube da USC.
-
Obradoiro de Clara Lago Caamaño na Universidade de Zúrich
28/10/21A investigadora Clara Lago Caamaño impartirá un obradoiro en que achegará o galego e a súa situación sociolingüística ao alumnado da Universidade de Zúrich, onde está a realizar unha estadía de investigación.
Terá lugar os días 28 e 29 de outubro dentro das Xornadas galegas 2021: Galicia no RoSe.
-
Conferencia de Nicola Bermingham no ILG
25/10/21A profesora da Universidade de Liverpool Nicola Bermingham, investigadora visitante no noso Instituto, ofrecerá a conferencia "Intersecting Language Ideologies: insights from the periphery" o xoves 28, ás 13:00 h, na sala de conferencias.
Resumo*:
-
Gonzalo Navaza, novo académico numerario da RAG
25/10/21Gonzalo Navaza, colaborador externo do ILG, foi elixido académico de número no plenario ordinario da Real Academia Galega que tivo lugar o sábado. Ocupará a vacante deixada polo historiador Xosé Ramón Barreiro.
O profesor da Universidade de Vigo forma parte da institución desde o ano 2012 como membro correspondente vinculado ao Seminario de Onomástica.
-
Convocatoria pública de contratación de persoal
21/10/21Convócase un contrato no ILG para labores de apoio na compilación e análise de corpus para o coñecemento da lingua das novas xeracións galegas. A súa duración é de 5 meses e a xornada do 75%. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 26 de outubro.
-
Defensa da tese de doutoramento de Vítor Míguez Rego
18/10/21O luns 18 de outubro, ás 10:30 h, Vítor Míguez Rego defendeu a súa tese de doutoramento "Aproximación á modalidade epistémica en galego: o dominio adverbial", dirixida por Francisco Cidrás Escáneo.
-
Simposio ILG 2021. 50 anos
18/10/21A vixésimo primeira edición do Simposio do ILG coincide cronoloxicamente cos 50 anos da súa fundación, en maio de 1971.
-
Retransmisión do Simposio ILG 2021 a través da canle de Youtube da USC
18/10/21Hoxe, ás 17.00 h, dará comezo o Simposio ILG 2021. 50 anos, en homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González, no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC. As sesións tamén poderán seguirse a través da canle de Youtube da USC nas seguintes ligazóns:
-
Acto de homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González
17/10/21O ILG réndelle unha homenaxe a tres dos seus máis destacados investigadores: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González. O acto terá lugar o 22 de outubro, ás 18.30 h, na Facultade de Filoloxía da USC, co seguinte programa: