Simposio ILG 2021. 50 anos

Homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González
Data de inicio: 
luns, Outubro 18, 2021 - 17:00

A vixésimo primeira edición do Simposio do ILG coincide cronoloxicamente cos 50 anos da súa fundación, en maio de 1971. Por tal motivo e de forma excepcional, como pide a ocasión, ten carácter conmemorativo antes que temático e a el súmase a vontade do ILG de homenaxear nesta ocasión tan especial a tres dos seus máis insignes investigadores, que comezaron a súa andaina na institución nesa década fundacional e que continúan  plenamente activos na actualidade: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González.

O criterio dunha liña temática concreta susbtituíuse desta vez polo dunha composición propositada do programa de conferenciantes no que acompañan aos homenaxeados, como núcleo do evento, unha representación dos investigadores novos do ILG, investigadores destacados das tres universidades galegas e investigadores estranxeiros de longa traxectoria de colaboración co Instituto da Lingua Galega.

 

Poster: 

Sección