A Real Academia Galega organiza, coa colaboración do ILG e da Asociación Galega de Onomástica, o congreso internacional de toponimia Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio, que terá lugar entre o 21 e o 23 de setembro.
Novidades
-
Congreso "Os camiños de Santiago de Europa cara a Galicia. Lugares, nomes e patrimonio"
21/09/22 -
Artigo de Maria Santos en ELG
20/09/22Maria Helena Pessoa Santos, profesora da UTAD, publica en Estudos de Lingüística Galega o artigo "Variação no uso do verbo auxiliar estar com valor progressivo – Uma curiosidade sintática na primeira novela contemporânea portuguesa".
-
Artigo de Francisco Fernández Rei no libro de homenaxe a Francho Nagore e Chesús Vázquez
20/09/22O artigo "Arear o peixe antes de cociñalo: textos da cultura mariñeira de Fefiñáns (ría da Arousa)", do investigador do ILG Francisco Fernández Rei, vén de ser publicado no volume Arredol d'a parola: conoxer, amar, esfender l'aragonés. Treballos en omenache a Francho Nagore e Chesús Vázquez.
-
Conferencia de Xosé Afonso Álvarez Pérez no ILG
19/09/22O profesor da Universidade de Alcalá de Henares Xosé Afonso Álvarez Pérez ofrecerá o luns 19 a conferencia "Arraianos: documentación da lingua, memorias e cultura da fronteira España-Portugal".
-
Defensa da tese de doutoramento de David Rodríguez Lorenzo
19/09/22O 19 de setembro, ás 12 h, David Rodríguez Lorenzo defenderá a tese de doutoramento Variación e cambio lingüístico en tempo real. Un estudo sobre o galego con base en materiais xeolingüísticos.
-
Membros do ILG no "III Workshop INTELE"
12/09/22O 13 e 14 de setembro ten lugar en Madrid o III Workshop INTELE, organizado pola rede estratéxica INTELE (Infraestructura de Tecnologías del Lenguaje), en que participan Elisa Fernández Rei, Xosé Luís Regueira Fernández e Xulio Sousa.
-
I Xornadas Vasco-Galegas de Lexicografía
12/09/22O vindeiro luns 12 terán lugar na Facultade de Filoloxía da USC as I Xornadas Vasco-Galegas de Lexicografía, organizadas polo Instituto da Lingua Galega, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Euskaltzaindia e a Real Academia Galega.
-
Francisco Dubert participa nas III Jornadas "León, cuna del parlamentarismo"
09/09/22Francisco Dubert, investigador do ILG, participará o venres 9 nas III Jornadas León, cuna del parlamentarismo. Las llenguas del caminu, el caminu de las llenguas.
-
Entrevista a Francisco Fernández Rei no "Diario do Salnés"
31/08/22O investigador do ILG Francisco Fernández Rei foi entrevistado no Diario do Salnés.
-
Mostra sobre Luis Seoane en Arxentina
31/08/22O investigador do ILG Pablo García Martínez é un dos comisarios, xunto a Silvia Dolinko, da mostra Materiais Seoane. Entre Galicia e Arxentina, que pode verse en Bos Aires ata o 27 de novembro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »