Rosario Álvarez participou o día 9 de xuño coa conferencia "Doa a doa, dato a dato" no Congrés Espais de frontera a la península Ibérica, que tivo lugar na Facultade de Filoloxía e Comunicación da Universidade de Barcelona.
Novidades
-
Rosario Álvarez no "Congrés Espais de frontera a la península Ibérica"
13/06/22 -
Elisa Fernández Rei no "RFP2022 : 19èmes rencontres du Réseau Français de Phonologie / 19th Meeting of the French Phonology Network"
13/06/22Elisa Fernández Rei participou como conferenciante convidada no RFP2022 : 19èmes rencontres du Réseau Français de Phonologie / 19th Meeting of the French Phonology Network, organizado pola Universidade do Porto.
-
María Álvarez de la Granja e Eva M.ª Domínguez Noya no CILC2022
01/06/22María Álvarez de la Granja e Eva María Domínguez Noya participaron o día 26 de maio no CILC2022: XIII Congreso Internacional de Lingüística de corpus, que tivo lugar na Universidade de Bérgamo (Italia). -
Xornada de presentación do Proxecto Nós
24/05/22Onte tivo lugar no edificio Fontán da Cidade da Cultura a xornada de presentación do Proxecto Nós: o galego na sociedade e economía da intelixencia artificial.
-
Conferencia de Clara Lago Caamaño
19/05/22Clara Lago Caamaño, investigadora predoutoral do ILG, ofrecerá a conferencia "Alimentación e cambio no léxico dispoñible do galego" o día 19 de maio, ás 12:30 horas, na sala de conferencias do Instituto.
-
Seminarios do profesor da UNAM Gerardo Sierra Martínez
18/05/22O profesor Gerardo Sierra Martínez da Universidad Nacional Autónoma de México impartirá tres seminarios, os días 18 e 20 de maio, na sala B13 da Facultade de Filoloxía.
-
Obradoiro sobre FOLERPA na USAL
13/05/22Alba Aguete Cajiao, colaboradora do ILG, impartirá o obradorio "Cómo diseñar experimentos de percepción con FOLERPA" na segunda edición de Fonética Open Days.
-
Visita de alumnado do CPI dos Dices
12/05/22No día de onte visitaron o ILG os rapaces e rapazas de 1.º e 2.º da ESO do CPI dos Dices, de Rois. Tiveron a oportunidade de coñecer a historia do centro e algúns dos proxectos que nel se desenvolven.
-
Publicación do segundo artigo da revista "Estudos de Lingüística Galega"
09/05/22Xa está dispoñible para a súa consulta na revista de publicación continua Estudos de Lingüística Galega (ELG) o artigo "Competência fonológica em português língua não materna: os róticos" da autoría de Isabel Almeida Santos, profesora da Universidade de Coimbra.
-
Pedro García Louzao recibe unha Bolsa de iniciación á investigación para alumnos de máster
03/05/22Pedro García Louzao é un dos beneficiarios das Bolsas de iniciación á investigación para alumnos de máster (curso 2021-2022) da USC. O investigador do ILG vai desenvolver o seu traballo "Variación e mudanza na morfoloxía dos pronomes átonos acusativos de terceira persoa na lingua galega" baixo a dirección de Francisco Dubert García.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- …
- seguinte ›
- última »