A Real Academia Galega celebrará o vindeiro 11 de decembro a sesión extraordinaria pública de ingreso de Ana Isabel Boullón Agrelo como membro de número da Institución. O acto terá lugar a partir das 12:30 horas no Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal.
Novidades
-
Ana Boullón ingresará na RAG o 11 de decembro
11/12/21 -
Xulio Sousa nos Obradoiros TFG/TFM da Facultade de Filoloxía
02/12/21O investigador do ILG Xulio Sousa participará o xoves 2 de decembro, ás 18:00 h, nos Obradoiros do TFG/TFM organizados na Facultade de Filoloxía da USC.
-
Manuel González, novo académico correspondente de Euskaltzaindia
29/11/21O investigador Manuel González González foi elixido académico correspondente da Real Academia da Lingua Vasca.
-
Conferencia de Xulio Sousa na Universidade Federal de Mato Grosso do Sul
28/11/21O investigador do ILG Xulio Sousa participou cunha conferencia nos cursos organizados polo Núcleo de Estudos do Léxico da Universidade Federal de Mato Grosso do Sul.
-
Defensa da tese de doutoramento de Concepción Álvarez Pousa
26/11/21O venres 26 de novembro, ás 11:30 h, Concepción Álvarez Pousa defenderá a súa tese de doutoramento "A lingua da Terra de Viana do Bolo. Descrición dialectal e análise do cambio lingüístico".
-
Conferencia de Xosé Luís Regueira na Universidade do País Vasco
24/11/21O investigador do ILG Xosé Luís Regueira participará no XI Seminario Internacional sobre Lengua y Literatura que terá lugar na Facultade de Letras da Universidade do País Vasco (Vitoria-Gasteiz) os días 24 e 25 de novembro.
-
Conferencia de Maria Rilda Alves da Silva Martins
23/11/21O vindeiro martes 23, ás 11:30 h, a investigadora visitante Maria Rilda Alves da Silva Martins, da Universidade Federal do Pará, ofrecerá na sala de conferencias do instituto a charla Variação de nós e a gente nas capitais brasileiras: Estudo a partir do Corpus do Atlas Linguístico do Brasil. -
Convocatoria pública de contratación de persoal
19/11/21Convócanse dous contratos de investigación no ILG a tempo parcial (50% de dedicación). O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de novembro.
-
Dispoñibles en Youtube as sesións do Simposio ILG 2021
08/11/21As sesións do Simposio ILG 2021 xa poden visualizarse na canle de Youtube da USC.
-
Obradoiro de Clara Lago Caamaño na Universidade de Zúrich
28/10/21A investigadora Clara Lago Caamaño impartirá un obradoiro en que achegará o galego e a súa situación sociolingüística ao alumnado da Universidade de Zúrich, onde está a realizar unha estadía de investigación.
Terá lugar os días 28 e 29 de outubro dentro das Xornadas galegas 2021: Galicia no RoSe.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- …
- seguinte ›
- última »