A profesora da Universidade de Liverpool Nicola Bermingham, investigadora visitante no noso Instituto, ofrecerá a conferencia "Intersecting Language Ideologies: insights from the periphery" o xoves 28, ás 13:00 h, na sala de conferencias.
Resumo*:
A profesora da Universidade de Liverpool Nicola Bermingham, investigadora visitante no noso Instituto, ofrecerá a conferencia "Intersecting Language Ideologies: insights from the periphery" o xoves 28, ás 13:00 h, na sala de conferencias.
Resumo*:
Gonzalo Navaza, colaborador externo do ILG, foi elixido académico de número no plenario ordinario da Real Academia Galega que tivo lugar o sábado. Ocupará a vacante deixada polo historiador Xosé Ramón Barreiro.
O profesor da Universidade de Vigo forma parte da institución desde o ano 2012 como membro correspondente vinculado ao Seminario de Onomástica.
Convócase un contrato no ILG para labores de apoio na compilación e análise de corpus para o coñecemento da lingua das novas xeracións galegas. A súa duración é de 5 meses e a xornada do 75%. O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 26 de outubro.
O luns 18 de outubro, ás 10:30 h, Vítor Míguez Rego defendeu a súa tese de doutoramento "Aproximación á modalidade epistémica en galego: o dominio adverbial", dirixida por Francisco Cidrás Escáneo.
A vixésimo primeira edición do Simposio do ILG coincide cronoloxicamente cos 50 anos da súa fundación, en maio de 1971.
Hoxe, ás 17.00 h, dará comezo o Simposio ILG 2021. 50 anos, en homenaxe a Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González, no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC. As sesións tamén poderán seguirse a través da canle de Youtube da USC nas seguintes ligazóns:
O ILG réndelle unha homenaxe a tres dos seus máis destacados investigadores: Rosario Álvarez Blanco, Francisco Fernández Rei e Manuel González González. O acto terá lugar o 22 de outubro, ás 18.30 h, na Facultade de Filoloxía da USC, co seguinte programa:
O 22 de outubro, ás 17.00 h, terá lugar no salón de actos da Facultade de Filoloxía da USC a entrega de premios do concurso de vídeo Móvete, dirixido a alumnado de ESO, Bacharelato e Formación Profesional.
O Simposio ILG 2021 decorrerá do 18 ao 21 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC. A vixésimo primeira edición do Simposio coincide cronoloxicamente cos 50 anos da fundación do Instituto, en maio de 1971.
Convocatoria pública ordinaria 8/2021 de contratación de persoal para colaborar en actividades e proxectos de investigación.