O prazo de inscrición para asistir ao IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico, que vai ter lugar o 3 e 4 de outubro na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, foi ampliado ata o 20 de setembro.
Novidades
-
Ampliación do prazo de inscrición do SIALNI 4
20/09/24 -
Ampliación do prazo de envío de propostas
15/07/24Amplíase ata o 15 de xullo o prazo de envío de propostas para participar no IV Simposio Internacional Aspectos Lingüísticos do Noroeste Ibérico (SIALNI4), que terá lugar os días 3 e 4 de outubro, e na III Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico, que se realizará o 8 de novembro.
-
Vítor Míguez publica un libro sobre a modalidade en galego
15/07/24O investigador do ILG Vítor Míguez vén de publicar en Jonh Benjamins o libro Revisiting modality: A corpus-based study of epistemic adverbs in Galician, que presenta a primeira investigación en profundidade sobre a modalidade na lingüística galega.
-
Curso de verán. Arquivos, museos, lugares e xente: fontes para a ensinanza en humanidades
15/07/24Este curso de verán, destinado ao estudantado de grao e posgrao da Universidade de Santiago de Compostela, así como ao profesorado de ensino medio, procura a posta en valor de arquivos non canónicos (pensados nun senso amplo
-
Curso de verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos
15/07/24Do 15 de maio ao 5 de xullo encóntrase aberto o prazo de matrícula para participar no Curso de Verán da USC Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos. Este curso proporcionaralle ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais.
-
Curso de verán. A lingua galega no século XXI: desafíos e fronteiras
08/07/24Neste curso preténdense analizar algúns dos desafíos máis relevantes que debe enfrontar a lingua galega na actualidade e no futuro próximo, como a transmisión interxeracional, o perigo da extinción dixital e a situación creada pola presenza de poboacións migrantes con diferentes linguas e culturas.
-
Constitución do Foro Social do ILG
02/07/24O 2 de xullo quedou constituído o Foro Social do ILG, conformado por 12 membros de distintas institucións públicas e privadas do ámbito educativo, cultural, editorial, empresarial, dos medios de comunicación, da investigación etc.
-
Recepción ao novo persoal adscrito ao ILG
02/07/24O 2 de xullo tivo lugar no Instituto unha xornada de benvida ao novo persoal adscrito ao centro. Os novos membros son Teresa Amado Rodríguez, Noelia Estévez Rionegro, Pablo García Martínez, María López Sández, Vítor Míguez Rego, María Xesús Nogueira Pereira, Montse Recalde Fernández e Carme Silva Domínguez.
-
Conferencia de Laura Lesta no ILG
27/06/24A profesora e investigadora visitante no ILG Laura Lesta García, do Middlebury College, ofrecerá a conferencia Recontar a transición en Galicia: o humorismo gráfico de "Can sen Dono" o 27 de xuño, ás 13 h.
-
Conferencia de Luke Bishop no ILG
30/05/24O investigador visitante no ILG Luke Bishop, da University of Texas, ofrecerá a conferencia "Na miña variedade, sen dúbida": identidades diversas dos neofalantes na provincia de Ourense o xoves 30 de maio, ás 13 h, na nosa sala de divulgación.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »