O subproxecto Toponimia de Galicia e Portugal do proxecto coordinado Toponomasticon Hispaniae, dos que é investigadora principal Ana Isabel Boullón Agrelo, acaba de facer públicos na súa páxina web novos topónimos.
Novidades
-
O proxecto "Toponimia de Galicia e Portugal" publica novos topónimos
17/11/23 -
Portal da cultura impresa en lingua galega
15/11/23Onte presentouse o novo recurso do ILG de acceso aberto Portal da cultura impresa en lingua galega, dirixido polo investigador do Instituto Pablo García Martínez.
-
Nova publicación do ILG
14/11/23As investigadoras do ILG María Álvarez de la Granja e Marta Negro Romero son as editoras do volume Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, que viu a luz recentemente na colección ensaio & investigación do Consello da Cultura Galega.
-
Ciencia aberta e humanidades dixitais
14/11/23Esta actividade de formación pretende conectar o público asistente, e particularmente o alumnado da Escola de Doutoramento Internacional da USC, co estado das humanidades dixitais e, dun xeito máis amplo, co estado da produción científica en acceso aberto.
-
Pablo García obtén unha axuda Ramón y Cajal
13/11/23O investigador do ILG Pablo García Martínez acaba de obter unha axuda Ramón y Cajal da Axencia Estatal de Investigación na convocatoria de 2022.
-
ELG en Dialnet Métricas
02/11/23Na última actualización do Índice Dialnet de Revistas (2022) a revista do ILG Estudos de Lingüística Galega figura no cuartil 1 no ámbito Filoloxías e no cuartil 2 en Lingüística.
-
"Visita e café" con Luke Bishop
30/10/23O luns 30 de outubro, Luke Bishop, da Universidade de Texas (Austin, EE.UU.), conversará na quinta "Visita e café" sobre o traballo que vai realizar no ILG ao longo do seu ano de estadía.
-
Dolores Vilavedra, representante do ILG no Consello da Cultura Galega
27/10/23Tras acordo do Consello Científico celebrado no Instituto o 10 de outubro, Dolores Vilavedra é a nova representante da nosa institución no Pleno do Consello da Cultura Galega en substitución de Elisa Fernández Rei, actual directora do centro. Vilavedra tomou posesión o 25 de outubro na sesión celebrada na sede do Consello e presidida por Rosario Álvarez.
-
Membros do ILG no "V Simpósio Profletras" da USP
27/10/23María Álvarez de la Granja, Noemi Basanta Llanes e Marta Negro Romero participaron o 26 de outubro como relatoras convidadas no V Simpósio Profletras / II Seminário Internacional Profletras USP, organizado pola Universidade de São Paulo. As tres investigadoras do ILG integraron unha mesa redonda sobre o programa Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional, promovido polo Instituto dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia.
-
A práctica do piropo nos novos tempos
26/10/23Que é un piropo? Seguimos a interpretalo como unha mostra de cortesía? Para tratar estas cuestións, o día 26 de outubro o ILG organiza unha xornada conformada por un obradoiro de Ana Mancera Rueda (Universidade de Sevilla) e unha conferencia de María Lameiras (Universidade de Vigo). A inscrición está aberta ata o 20 de outubro.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »